Colofón.

Sobre esta web.

Esta é a miña páxina persoal, sen maior pretensión que esa. Úsoa para centraliza-la miña actividade na rede; eiquí está o meu perfil persoal e profesional, o meu blog e os enlaces ás redes sociais e servizos web nos que participo. O contido está creado por min, ainda que nalgunhas ocasións aparecen referencias a contidos doutros, que manteñen os seus dereitos. Todo o que non teña outra protección explícita atópase baixo a licenza Recoñecemento-Non Comercial-Sen obras derivadas 3.0 de Creative Commons.

Como está feita

Esta web trata de segui-los estándares propostos polo W3C, e gracias a isto interprétase correctamente polos navegadores que respeten esas normas. Se atopas dificultades co teu navegador, recoméndoche que descargues Firefox, seguro, gratuito e libre.

A web está alonxada CDMon. Foi desenvolvida empregando as solucións técnicas máis sinxelas posibles. As ferramentas de software empregadas son Coda, varios programas do paquete Adobe CS4 y Safari, todo iso correndo sobre Mac OS X.

As imaxes que compoñen o fondo foron tomadas por min. As cores foron extraidas coa aplicación web Color Hunter. A intención é elaborar unha paleta de cores, e dende ela unha imaxe que me defina baseada únicamente nas cousas que me rodean ou atraen. Se por algún motivo queres ver estas fotografías, só tes que seguir este enlace.